Wednesday 24 de April de 2024

Inés Rey: “O Hockey Club Liceo, por historia e identidade, é un orgullo para a nosa cidade”


A alcaldesa, Inés Rey, asistiu hoxe ao acto de ofrecemento á afición do título ligueiro do Hockey Club Liceo, gañador da OK Liga 2021-2022 tras vencer onte ao Reus (2-5) no terceiro encontro da final polo campionato.

O Palacio dos Deportes de Riazor acolleu hoxe o acto de celebración, con Inés Rey e o capitán do Hockey Club Liceo, Dava Torres, á fronte, ofrecendo a copa de campións de Liga á afición. A rexedora puxo en valor o logro acadado polo conxunto que dirixe o adestrador coruñés Juan Copa, que se erixiu como o vencedor da competición ligueira por oitava vez na súa historia.

“O Hockey Club Liceo, por historia e identidade, é un orgullo para a nosa cidade e para toda Galicia”, sinalou a alcaldesa, que desexou á entidade “moitos máis éxitos nos anos que virán” e reafirmou o compromiso do Goberno municipal para estar á carón do club no referente aos seus proxectos de futuro.